101010.pl is one of the many independent Mastodon servers you can use to participate in the fediverse.
101010.pl czyli najstarszy polski serwer Mastodon. Posiadamy wpisy do 2048 znaków.

Server stats:

482
active users

#virivember2023

0 posts0 participants0 posts today
o Viri (Met An Unknown Fate)
Día 15: carpe diem + Contos do Cúmulo

- Nome: IANTE A VITALISTA
- Impulso: Contaxiar unha euforia febril pola vida
- Xogadas: Convencer a alguén de que abandone as súas responsabilidades por unha pasión // Atraer a simpatía e protección da audiencia // ...
- Presaxios escuros
—— 1: Iante chega á vila
—— 2: Unha 1ª persoa é seducida por Iante
—— 3: Ocupacións esenciais son desatendidas
—— 4: Familias asustadas fuxen da vila
- Destino aciago: A vila cae no caos

#rolvember2023 #virivember2023

o Viri (Met An Unknown Fate)
Día 14: xuizo + Decrecentopía

Na Galicia post-industrial, búscase previr os actos antisociais eliminando as súas causas estructurais. As raras veces que se dan, repárase no posible o dano, planifícase e execútase medidas de prevención específicas, e revísanse as xerais. Só en ocasións rarísimas e extremas, un tribunal popular (coa axuda de especialistas) decretará o desterro. Isto, claro está, non é castigo: é prevención tamén. Prevención e consecuencias.

#rolvember2023 #virivember2023

o Viri (Met An Unknown Fate)
Día 13: roubo + Agaco

Non todos os eventos non-mundanos dos que se ocupa a Axencia teñen orixe na activación accidental ou espontánea dun obxecto disonante, ou nas accións dunha entidade alter-mundana con axenda propia. Non: incluso ás más férreas burocracias méteselles de vez en cando algunha mazá podre. Nos contados casos (re)coñecidos, os efectos foron menores; as motivacións alegadas, desestimadas, e as persoas responsables, rapida e doadamente neutralizadas.

#rolvember2023 #virivember2023

o Viri (Met An Unknown Fate)
Día 12: festival + Derradeiros Días

Cáliz é unha das tantas persoas escravas que serven en Esmorga, a festa constante onde milleiros de nihilobacantes gozan —entre manxares, narcóticos, corpos— á espera do Lume que ha de devorar o mundo. Cáliz, en cambio, prefire usar o tempo desviando alimentos frescos e sementes potabilizadoras cara as xentes de Refugallo, o anel de arrabais. É unhe émpata e odia ês súes ames. Axudará a quen obre contra o poder do Anfitrionato.

#rolvember2023 #virivember2023

o Viri (Met An Unknown Fate)
Día 11: pacto + Derradeiros Días

As portas do sentō penduran dos gonzos. Amigues xacen no chan sen vida. Na súa ave de monta, rodeada pola súa hoste, Madamme Paz sorrí. Aquí remata a vosa busca de Cidade Espiral...

Entón, escoitades os pasos: centos. A tirana xírase a mirar e tamén o vedes: é a xente dos cantís, cos escudos e lanzas des súes avoes! A vella Grun manda parar e repite ao lonxe as vosas verbas:

—"Que queda nestes tempos se non a palabra do veciño".

#rolvember2023 #virivember2023

o Viri (Met An Unknown Fate)
Día 10: teatro + Agaco

Evento: Teatro Jofre, Ferrol, 2022/08/08

Pistas:
- Todos os reloxos están detidos ás 20:41.
- Unhas febras azuis, como raíces ou veas, esténdense polas paredes dende moitas esquinas.
- O elenco, no chan, segue a mover os beizos. Semella que declaman as súas partes en silencio.
- Non hai un conserxe Ramón Ochoa no cadro de turnos.
- Un exemplar do guión manchado de sangue.
- No espello dun camerino, escrito: "A Súa Alteza xa está aquí".

#rolvember2023 #virivember2023

o Viri (Met An Unknown Fate)
Día 9: masmorra + Decrecentopía

As noites de inverno poden ser moi longas no século XXIII: a electricidade é un ben moi escaso; os videoxogos, cousa de bibliotecas, e o cine, un evento semanal (con sorte). Pero a Humanidade sabe dende hai milenios como pasar estas noites...

Cando miras pola xanela, escoitas unha voz dicir "Pois... Ataco coa miña espada vorpalina!". Á luz da cheminea, o grupo está reunido en torno a un feixe de papeis, uns dados, unhas figuriñas.

#rolvember2023 #virivember2023

o Viri (Met An Unknown Fate)
Día 8: novata + Decrecentopía

Entre os 15 e 20 anos, é o máis común tomar un "traballo dos vintes". Estes traballos son os máis arduos (ou ingratos) da comunidade e van asociados a un programa de formación superior. Un exemplo son as brigadas de mantemento dos xeradores maremotrices. En Camariñas, estas brigadas son famosas pola Medardada, a festa de benvida a noves integrantes. Celébrase na efeméride do Medardus, o derradeiro petroleiro naufragado na zona.

#rolvember2023 #virivember2023

o Viri (Met An Unknown Fate)
Día 7: arrepío + Derradeiros Días

Chegades á dendrocidade de Heliconium ao solpor, cando a luz laranxa do día da paso a un vermello sangue. Unha casa-hospicio local ten sitio para vós a cambio dun flitch de ondas mentais por persoa, para o soño colectivo. Mentres ceades, ti, xaciano, observas que un mesmo emblema abunda entre as vestimentas: un óvalo cunha constelación dentro. Iso é: a Igrexa da Pregunta. Non sería raro que sentises un arrepío. Que fas?

#rolvember2023 #virivember2023

o Viri (Met An Unknown Fate)
Día 6: compañeira + Agaco

Antes de ser reclutada, Sonia Ferreiro traballaba na biblioteca pública de [CENSURADO]. Foi nesta biblioteca, durante o evento de 2011/05/30, onde foi testemuña en primeiro grado dos efectos meméticos de SFG-84-A. Non houbo máis supervivintes. Sobre o papel, actualmente está empregada na Biblioteca de Galicia, no Gaiás; en realidade, é técnica senior da sección de Documentos Activos dos nosos arquivos, a 23 pisos de profundidade.

#rolvember2023 #virivember2023

o Viri (Met An Unknown Fate)
Día 5: pigmento + Decrecentopía

Unha das cousas chamativas dos poucos artefactos preservados da Idade Industrial son as súas cores: poden facerse milleiros de cores con materiais locais e procesos post-industriais; pero... non todas. Por iso, non é raro atopar túneles viarios do século XXI sendo coidados polas comunas próximas: é nos seus graffitis, pintados nos muros de formigón e protexidos da chuvia, onde resiste a memoria cromática daquel tempo de prodixios.

#rolvember2023 #virivember2023

o Viri (Met An Unknown Fate)
Día 4: esqueletos + Agaco

No '89, operativos de campo atoparon nun carballo caído de Berdeogas (Dumbría) os ósos dun brazo humano completo.

Estaban *dentro* da madeira.

Nos anos seguintes, foron aparecendo noutras árbores do lugar ósos de seis esqueletos distintos de diversa antigüidade. No '93, creouse a Unidade 14 en [CENSURADO], onde se plantaron landras traídas de Berdeogas. Hoxe en día, a colleita anual de restos óseos de U14 é a principal da Axencia.

#rolvember2023 #virivember2023

o Viri (Met An Unknown Fate)
Día 3. creación + Cúmulo

As historias sobre a orixe do Cúmulo son moitas e contradictorias. Si se sabe que, en tempos, albergaba só un sol e tres mundos xigantes con numerosas lúas, fogar de billóns de seres. Co 1º Cataclismo, no que os dous planetas de nomes esquecidos colidiron entre si, creáronse Denaeb —o sol menor— e moitos dos planetoides e os millóns de asteroides actuais. Do 2º Cataclismo e da ruína de Astromundi —o outro planeta—, xurdiu o resto.

#rolvember2023 #virivember2023

o Viri (Met An Unknown Fate)
Día 2: piratas + Cúmulo

Sendo o comercio celeste a seiva que nutre ás sociedades do Cúmulo, a piratería é un fenómeno antigo e ubicuo. Con todo, cando trabadoras thorica atacan os buques comerciais do Imperio, é unha lacra e unha violación intolerable do Tratado do Anel Interior. Pero se, pola contra, é un corsario antilano o que saquea unha pacífica comunidade mineira do Glaciar, é en defensa dos "lexítimos intereses do Imperio". Cousas da política, disque...

#virivember2023 #rolvember2023

o Viri (Met An Unknown Fate)
Día 1: oasis + Agaco

Un calendario do '91 dunha axencia de viaxes de Compostela, atopado nese local ese ano. Fáltanlle as follas ata novembro e, nas que quedan, hai anotacións banais. A foto amosa un oasis con palmeiras e pon algo tipo "Coñece o Sahara máis auténtico". Permite acceder a ese oasis, que parece normal, pero o sol alí non se move e non é ningún lugar coñecido. Non parece perigoso, pero un civil desapareceu e a súa garavata foi atopada no oasis.

#rolvember2023 #virivember2023

o Viri (Met An Unknown Fate)
O que pretendo facer e escribir un tuto cada día contando algunha cousa que improvise sobre unha destas catro ideas. Rolarei 1d4 para decidir o mundo. Unha idea nun tuto, ese é obxectivo. Máis ideas no mesmo día non se descartan, pero nunca dúas veces no mesmo mundo por día. Debuxos non se descartan, pero son moi improbables.

#rolvember2023 #virivember2023

o Viri (Met An Unknown Fate)
Vou animarme co rolvember de Pórtico deste ano. Aproveitareino para explorar un pouco algúns mundos ficticios aos que lles estou dando voltas. Usarei os hashtags #rolvember2023 e #virivember2023, que os caracteres nom dan para máis, e será un fío (que comeza aquí).

(Aquí o post orixinal de Pórtico: https://mastodon.social/@portico/111322714048637952 )

#rolvember #RolvemberEnPórtico #RolvemberEnPórtico2023 #Pórtico #virivember #rol #ttrpg #Galicia #galego #RolEnGalego